Teresa Táboas: 'A Xunta non reclama os fondos para a rede de trens de cercanías'  

anosaterra.org - por doceasubio2 anos e 289 dias

A portavoz de Infraestruturas do Grupo Parlamentar do BNG afirmou hoxe que 'o Goberno galego non está a reclamar en Madrid os 100 millóns de € acordados por unanimidade no Parlamento de Galiza para o tren de cercanías'. Táboas afirmou “que o tempo lle está a dar a razón ao BNG” e as prorrogas ás concesións dos autobuses están recorridas pola Comisión de Competencias, dende o mes de xullo, porque “incumpren a normativa do Parlamento europeo”

Unha muller corre no marido pola autoestrada turrando no carro  

chuzar.gl - por doceasubio2 anos e 289 dias

Os feitos sucederon cando a muller, ao saír de facer as compras dun supermercado próximo á estación de tren de Lugo, viu ao seu marido conducindo un coche en compañía doutra muller. A agora imputada colleu o seu vehículo e, a pesar de que estaba acompañada polo seu fillo de seis anos, iniciou a persecución, con constantes escintileos e bocinazos para que o seu marido parase. Ao non conseguilo, comezou a embestir ao outro coche por detrás

Manuel M. Barreiro: Unha esquerda dos cidadáns  

temposdixital.com - por Gelo2 anos e 289 dias

A esquerda da clase política e dos aparatos partidarios é manifestamente insuficiente e carece de todo engado; lamentabelmente o futuro tampouco semella transitar pola apoloxía da esquerda da militancia pura e dura senón por refundarse como unha esquerda dos cidadáns, pensada como un instrumento non só de representación política senón tamén para a construción de novas comunidades de intereses fundadas na igualdade de trato e oportunidades e nun exercicio avanzado das liberdades.

Lermos a nosa banda deseñada  

terraetempo.com - por doceasubio2 anos e 289 dias

O coñecemento da banda deseñada galega supón un achegamento á nosa lingua e á nosa literatura. Unha boa ocasión para achegármonos ao mundo da banda deseñada témola en Viñetas desde o Atlántico, o festival da banda deseñada da Coruña, que se celebra do 9 ao 15 de agosto. Desde 1998 esta feira da banda deseñada é un referente onde podemos apreciar diferentes autores nacionais e internacionais. Durante unha semana a Coruña convértese nunha cidade diferente grazas ao cómic.

Filipe Diez: De bandeiras, escudos, himnos, nacións e do que importa  

renovarobng.blogaliza.org - por Gelo2 anos e 290 dias

Vaia por diante que non son chegado a bandeiras, escudos nin himnos, e que non adhiro ao nacionalismo como ideoloxía senón como locus político. A estas alturas da historia, é evidente que todas as nacións –sen excepción– son produto dunha mistificación histórica, o resultado dun proceso de dominación social no cal a dominación simbólica cumpre un importante papel de aculturación.

1.800 euros de multa por despregar uma faixa em defesa do galego (português da Galiza)  

diarioliberdade.org - por Esgaravelho2 anos e 290 dias

A 'Gentalha do Pichel' foi sancionada pelo concelho de Compostela com uma multa de 1500€ por colocar uma faixa na cacharela de sam joão que dizia "na galiza só em galego". Segundo os dirigentes municipais, pendurar uma faixa na parede constitui um delito de "ocupação indevida da via pública". Os 300 € restantes respondem a outra multa por exceder supostamente o horário permitido.

Fermín Bouza: Voto e giro à esquerda [es]  

votoconbotas.trincheradigital.com - por Gelo2 anos e 290 dias

Na série do CIS o PSOE baixa acentuadamente a sua votação, tanto directo como previsto, mas essa série, que acontece a cada três meses, esquece o que aconteceu após os ajustes e a recuperação posterior, leve mas significativa, e é onde há que inserir os dados do barómetro da votação de Julho.

O luscofusco vilagarcián, atractivo turístico  

anosaterra.org - por xOsse2 anos e 290 dias

A praia da Concha de Vilagarcía inaugurou este luns a segunda edición do programa ?Ás 9 na praia?, unha iniciativa conxunta na que a Concellaría de Turismo e a Asociación de Hostaleiros da vila organizan terrazas para admirar a posta do sol ao ritmo de música relaxante.

É Tempo de facer, de pór mans a obra, ensino en galego.  

limiardepensamento.blogspot.com - por Soc-ram2 anos e 290 dias

Non fai falla ter estudos de sociolingüística para concluír que a perda da transmisión oral dunha lingua supón a súa morte. A dereita excluínte do reino de España, sabe que cos medios de comunicación impídese o espazo ao galego, e que ás crianzas se lles manipula, vende e fala maioritariamente en castelán.

Xesús Veiga: A morte de Vieiros  

galiciaconfidencial.com - por Gelo2 anos e 291 dias

Vieiros era a demostración práctica da compatibilidade entre un compromiso explícito coa identidade nacional galega e o respecto pola pluralidade existente no seo do que poderiamos chamar a sociedade nacionalista.Vieiros contribuía a facer Pais sen utilizar unha trincheira partidista.

O turismo ambiental perde adeptos  

galiciahoxe.com - por doceasubio2 anos e 291 dias

Galiza é a comunidade que rexistrou un maior descenso de visitas ós seus parques naturais, cun 19% menos. Corrubedo segue líder e mantense nos 300.000 visitantes fronte á acusada caída do resto, incluído o das Illas Atlánticas, por baixo dos 190.000.

Carlos Callón: Para sandar as feridas  

galiciahoxe.com - por Gelo2 anos e 291 dias

O idioma da Galiza leva séculos padecendo un proceso de substitución e exclusión do seu territorio natural. Unha das secuelas visíbeis (e audíbeis) desta inxustiza é a progresiva deformación da lingua, que en moitos trazos, mesmo estruturais, vai hibridándose co español.

Motörhead actúa en Vigo logo de 8 anos sen pisar Galicia.  

xornal.com - por Gelo2 anos e 291 dias

A banda británica de heavy metal Motörhead actuará mañá ás 22.00 horas no Pavillón das Travesas en Vigo ante 4.000 persoas no marco da xira Motörizer –nome do seu último álbum de estudio– tras oito anos sen tocar en Galicia.

Mar Barcón: A Xunta desmantelou as axudas para rehabilitar vivendas  

anosaterra.org - por doceasubio2 anos e 291 dias

A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo parlamentario do PSdeG, Mar Barcón, denunciou a redución de 'máis do 70 por cento' nas achegas a particulares das axudas da Xunta á rehabilitación de vivendas, e que afecta a 'miles' de galegos. As subvencións para rehabilitación dun máximo de 24.000 euros se reducen a 6.600, mentres que as destinadas a renovación dun máximo de 30.000 euros pasaron a 8.800 euros

Banco Pastor tamén vende a súa participación en Reganosa  

artabra21.blogspot.com - por Gelo2 anos e 291 dias

c+c: Víase vir ... Tras a venda do 21 % de Endesa, o Banco Pastor desfaise do seu 5 % na Pranta de Gas de Reganosa. Posiblemente, a non demorar moito, o farán Caixa Galicia (10 %) e Caixanova (5%). Todos eles dician, hai pouco, que era estratéxica para Galicia .... Este Comité Cidadán de Emerxencia dixo sempre que, ademáis de perigosa e contaminante, é totalmente innecesaria.

Olimpíadas lusófonas mais uma vez sem presença galega por desleixo da Junta  

diarioliberdade.org - por Esgaravelho2 anos e 292 dias

Os Jogos da Comunidade de Países de Língua Portuguesa serão até 7 de agosto. A Galiza, embora seja o berço do português, continua sem poder participar no evento. Apesar da insistência do movimento social de base, a Galiza continua sem poder participar nestes jogos, como tampouco nos da Lusofonia, que decorrerão em 2013 em Goa (Índia). De facto, a ocasião em que a Galiza estivo mais perto de participar num evento deste tipo foi precisamente nos II Jogos da Lusofonia (Lisboa, 2008).

Volven as galescolas?  

galiciaconfidencial.com - por Gelo2 anos e 292 dias

Os movementos pedagóxicos Nova Escola e Asociación Sociopedagóxica, os sindicatos de ensino STEG e CIG e a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG) manterán o vindeiro setembro un encontro para poñer en marcha un novo proxecto educativo de "ensino en galego, laico e de calidade".

A Galiza tem os salários mais baixos do Estado espanhol  

diarioliberdade.org - por serna2 anos e 292 dias

Concretamente, a Galiza autonómica tem um salário médio de 1.615 euros por mês, 243 menos que os 1.858 euros de média estatal e mais de 500 euros abaixo da Comunidade com os salários mais elevados (a madrilena, com 2.161).

Luís Tosar, embaixador de honra do Casco Velho de Vigo  

xornal.vigo.org - por doceasubio2 anos e 292 dias

O actor galego Luis Tosar recibiu hoxe a praca que o nomea como "Embaixador honorífico do Casco Velho de Vigo" de mans do tenente de alcalde, Santi Domínguez. O acto tivo lugar na Casa Galega da Cultura e nel tamén participaron o concelheiro de Cultura, Xesus López, e o concelheiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez.

Alegra-me o dia, Jayalalithaa!  

seioque.com - por Gelo2 anos e 292 dias

Estes dias em que a capital do Leres amanhece com o cham tingido de púrpura polo vinho das penhas e o sangue dos touros assassinados, lembramos de resgatar da rede e do desconhecimento do público esta curiosa visom das touradas que nos oferece a inesgotável fonte de surpresas que é o cinema indiano.


quem somos  |  timeline  |  código: licença, puxar  |  licença dos gráficos  |  twitter  |  facebook  |  slot machine  |  privacidade  |  contacte-nos